GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Este 2023 a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios de toda España vinculados ao Camiño de Santiago. En cada parada os visitantes poderán degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
CONSULTA AQUÍ AS CATRO RUTAS GASTRONÓMICAS!
RUTA 1: IRÚN
Abarca preto de 70 municipios e as principais cidades polas que pasa son Santiago de Compostela, A Coruña, Xixón, Santander, Bilbao, San Sebastián e Irún.
VER RUTA 1RUTA 2: PAMPLONA
Componse de máis de 60 concellos e as principais paradas son Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, León, Astorga, Burgos, Logroño e Pamplona.
VER RUTA 2RUTA 3: SEVILLA
Conta con máis de 60 paradas sendo as máis destacadas Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Zamora, Salamanca, Cáceres, Mérida e Sevilla.
VER RUTA 3RUTA 4: VALENCIA
Fórmana preto de 70 municipios, os principais son Santiago de Compostela, Valladolid, Madrid, Toledo, Albacete e Valencia.
VER RUTA 4AS NOSAS RECEITAS
AS NOSAS RECEITAS
4x4
catro furgonetas para catro rutas
MÁIS DE 250 MUNICIPIOS
de España vencellados co Camiño de Santiago
6.400 QUILÓMETROS
que farán as furgonetas ofrecendo 10 pinchos
Máis de 200.000 petiscos
servidos nos catro itinerarios
DATO SOSTIBLE
As foodtrucks están equipadas cunha cociña completa e ademais contan con placas solares que dan enerxía a todos os electrodomésticos. A través dunha APP poderemos saber cantos kW se aforraron nas rutas grazas á enerxía solar.