AS NOSAS RECEITAS
Para 4 persoas
Taco de ventrecha de bonito do norte e tomate seco
Ingredientes:
Masa de taco 8 unidades:
- 40 gr. de fariña de trigo
- 30 gr. de fariña de millo
- 12 gr. de fariña de amidón de millo
- Sal
- 150 gr. de auga
- 3 gr. de AOVE
Vinagreta:
- 10 gr. de cebola tenra
- 1/2 follas de coandro fresco
- 1 gr. de sementes de sésamo negras
- 8 gr. de AOVE
- 2 gr. de aceite de sésamo
- 2 gr. de limón
- 1,5 gr de salsa de soia
Outros ingredientes:
- Latas baleiras de conserva
- 120 gr. de tomate seco
- Brotes tenros
- AOVE
- 240 gr. de ventrecha de bonito do norte
Paso a paso
- Preparar o engrudo para a masa. Comezar introducindo a auga, o aceite, a fariña de amidón de millo, as fariñas que faltan e bater cunha variña ata que quede homoxénea. Nunha prancha temperada, verter un disco de engrudo de 4 cm para estiralo coa espátula ata 10 cm e cociñar ata que se doure lixeiramente por ambas caras. Reservar.
- Preparar a vinagreta e reservar. Cortar o tomate seco en tiras e dividir en dous montóns.
- Introducir a ensalada nun recipiente, a metade do tomate seco e cubrir coa vinagreta. Remover todo para que quede ben repartida.
- Separar as lascas de ventrecha e sobre unha bandexa darlle unha lixeira cor co soprete.
- Montaxe: coller unha oblea (curvada) e encher de brotes tenros ata un pouco máis da metade. Poñer enriba a ventrecha e un pouco de tomate seco. Por último, co adobo que nos queda no fondo do recipiente esparexer un pouco para dar cor por enriba.