Humus de fabas de Lourenzá e Mexillón de Galicia á carbonara de mar

AS NOSAS RECEITAS

Para 4 persoas

Humus de fabas de Lourenzá e Mexillón de Galicia á carbonara de mar

Ingredientes:

Carbonara de Mar:

  • 50 gr. de manteiga
  • 100 gr. de cebola
  • 100 gr. de porros
  • 5 gr. de allo
  • 120 gr. de Mexillón de Galicia en escabeche suave
  • 20 gr. de zume dos mexillóns
  • 100 gr. de espumoso branco
  • 150 gr. de nata

Humus:

  • 35 gr. de AOVE
  • 15 gr. de zume de lima
  • 5 gr. de salsa chipotle
  • 1,5 gr. de allo
  • 240 gr. de fabas de Lourenzá cocidas
  • 1 gr. de comino moído
  • 1 gr. de pemento doce
  • 1 gr. de sal

Outros ingredientes:

  • Torradas Mariñeiras
  • Cebolo ou perexil picado

Paso a paso

  1. Cortamos a cebola, o porro e o allo en xuliana fina e rustrimos coa manteiga. Introducimos os mexillóns ao natural, o seu zume e o espumoso e reducimos. Incorporamos a nata e volvemos reducir un pouco ata que se integre todo. Trituramos todo en quente ata que quede moi fino. Reservamos en frío.
  2. Introducimos no vaso do batedor todos os ingredientes do humus, trituramos ata conseguir un puré fino e vertemos nunha manga con boca de estrela. Reservamos en frío.
  3. Picamos o cebolo ou o perexil e reservamos.
  4. Montaxe: sobre unha torrada Mariñeira facemos unha pequena rosa de humus na metade da cuncha e poñemos un mexillón en escabeche escorrido na parte inferior a continuación do humus. Collemos unha cullerada de carbonara e gratinamos cun soprete. A continuación, poñemos unha pequena quenelle (especie de croqueta feita coa axuda de dúas culleres) enriba de cada mexillón e decoramos co cebolo ou perexil picado.