Croqueta de queixo San Simón da Costa con lascas de ventrecha de bonito do norte con marmelo

AS NOSAS RECEITAS

Para 4 persoas

Croqueta de queixo San Simón da Costa con lascas de ventrecha de bonito do norte con marmelo

Para as croquetas:

  • 250 gr. de queixo San Simón da Costa
  • 75 gr. de cebola
  • 75 gr. de aceite de xirasol
  • 75 gr. de manteiga
  • 150 gr. de fariña de trigo
  • 1 litro de leite enteira

Outros ingredientes:

  • 240 gr. de ventrecha de bonito do norte
  • Marmelo
  • Fariña
  • Ovo batido
  • Panko

Paso a paso

  1. Poñemos o aceite de xirasol a lume medio e imos guisando a cebola mentres cortamos en anacos pequenos o queixo.
  2. Quentamos o leite nun cazo.
  3. Poñemos de novo o aceite a lume medio e introducimos a manteiga para fundila. Cando estea fundida, incorporamos a fariña para facer un roux (masa cocida de fariña e manteiga) sen que esta se queime.
  4. Cando estea lista, imos introducindo o leite sen parar de remover cunha variña ata incorporala toda. Introducimos tamén o queixo San Simón da Costa para que se funda.
  5. Cociñamos durante 15 minutos sen parar de remover coa variña. Logo botaremos a masa nun recipiente para atemperala e introducirémola dúas horas na neveira.
  6. Mesturar a masa coa fariña, ovo e pan raiado, nesta orde.
  7. Montaxe: fritir as croquetas a 175º, escorrer o exceso de aceite cun papel secante e colocar un chisco de marmelo e unha lasca de ventrecha.