AS NOSAS RECEITAS
Para 4 persoas
Mariñeira de pementos de Herbón con carpaccio de chopo de pescadeRías e queixo do Cebreiro
Ingredientes:
Pementos:
- 250 gr. de pementos de Herbón
- AOVE
- Sal gordo
Carpaccio:
- 300 gr. de chopo do selo pescadeRías
- AOVE
- Sal
Outros ingredientes:
- Aceite afumado
- Shichimi
- Mariñeiras
- Cebolo
- Queixo do Cebreiro
Paso a paso
- Desconxelamos a sepia o día anterior. Limpala ben de pel, vísceras, boca e ollos. Fileteala o máis fina posible e poñer o chopo na tixola cun pouco de AOVE e sal e deixar que colla un pouco de temperatura para que non estea de todo cru.
- Fritir os pementos (sen rabiños), botar sal e reservar.
- Esmigallar un pouco de queixo do Cebreiro e reservar.
- Montaxe: sobre unha mariñeira poñemos dous pementos, enriba carpaccio, un pouco de queixo e queimamos un pouco cun soprete. Finalizamos con shichimi, unha rama de cebolo e un fío de aceite afumado.