Fusión de mexillóns ao vapor Galicia Thai

AS NOSAS RECEITAS

Para 4 persoas

Fusión de mexillóns ao vapor Galicia Thai

Ingredientes:

  • 100 gr. de Mexillón de Galicia
  • 100 gr. de cebola morada
  • 15 gr. de xenxibre fresco
  • 15 gr. de syracha
  • 15 gr. de AOVE
  • 10 gr. de aceite de sésamo
  • 10 gr. de vinagre de Módena
  • 15 gr. de azucre moreno
  • 65 gr. de leite de coco
  • 8 gr. de salsa de soia
  • 60 gr. de aguacate (limpo)
  • 1 lima (só en zume)
  • Cunchas de mexillón
  • Alfábega fresca

Paso a paso

  1. Lavar os mexillóns, sacarlle as barbas e reservar. Poñer a quentar o wok e, unha vez quente, introducir o AOVE, a cebola morada, o xenxibre laminado e saltear un minuto. Engadir a syracha, o aceite de sésamo, os mexillóns e o vinagre de Módena e tapar para que abran os mexillóns. Unha vez abertos, sacalos e reservar deixando o caldo e a verdura no wok.
  2. Poñer o wok ao mínimo, introducir o leite de coco, o azucre moreno, a soia, o aguacate cortado en brunoise e o zume dunha lima. Reducilo ata ligar a salsa e apagar. Para a montaxe, abrir os mexillóns, despegar a vaina e poñela nunha das cunchas. Quentar a salsa (sen as láminas de xenxibre), poñer un pouco en cada cuncha e decorala con alfábega fresca xusto antes de servir.