Espetada de polbo á feira e cachelo de Coristanco

AS NOSAS RECEITAS

Para 4 persoas

Espetada de polbo á feira e cachelo de Coristanco

Ingredientes:

  • 1,5 quilos de polbo do selo pescadeRías
  • 500 gr. de pataca
  • Pemento doce
  • Pemento picante
  • Espetadas de bambú
  • Latas baleiras
  • AOVE
  • Auga

Paso a paso

  1. Limpar o polbo e poñer auga a quentar. Cando ferva escaldamos o polbo unhas seis veces. Introducilo e cando volva ferver deixámolo 45 minutos. Apagar o lume e deixar o polbo na auga uns dez minutos. Pelar as patacas e cunha culler parisina facer bolas de 2 cm de diámetro. Lavalas e cocelas sen sal. Deben quedar un pouco duras para montar a espetada e, unha vez montada, poñer en auga quente para ir servíndoas temperadas. Co polbo temperado, cortalo en rebandas e reservar en auga para quentar antes de servir. Introducir a espetada nunha lata e finalizar con pemento, sal e AOVE.