“Gazpacho” de Mexillón de Galicia en escabeche

AS NOSAS RECEITAS

Para 4 persoas

Gazpacho de Mexillón de Galicia en escabeche

Ingredientes:

  • 100 gr. de tomate pera (limpo)
  • 75 gr. de cogombro (limpo)
  • 75 gr. de pemento verde (limpo)
  • 120 gr. de cebola tenra (limpa)
  • 15 gr. de allo
  • 35 gr. de Pan de Cea
  • 120 gr. de Mexillón de Galicia en escabeche
  • 2 gr. de sal
  • 100 gr. de auga mineral
  • 25 gr. de AOVE
  • 75 gr. de cogombros en vinagre picados
  • 15 gr. de pemento vermello picado
  • Dadiños de Pan de Cea
  • Latas baleiras

Paso a paso

  1. Lavar todas as verduras, limpalas e cortalas en cachiños. Escorrer o mexillón. Introducir no vaso do batedor todos os ingredientes do gazpacho e trituralos. Baleirar a mestura nun coador chino e volverlle pasar a trituradora, repetindo esta operación unha vez máis e desbotando o que nos quede no recipiente.
  2. Para a montaxe, introducir 30 gramos de gazpacho nunha lata baleira e decorar coas verduras picadas e os dados de pan frito.