Petisco de berberechos do selo pescadeRías con guacamole de pementos de Arnoia asados e wakame

AS NOSAS RECEITAS

Para 4 persoas

Petisco de berberechos do selo pescadeRías con guacamole de pementos de Arnoia asados e wakame

Ingredientes:

Para o guacamole:

  • 100 gr. de aguacate (limpo)
  • 25 gr. de cebola vermella (limpa)
  • 17 gr. de tomate (limpo e sen pebidas)
  • 7 gr. de allo (limpo e sen grelo)
  • 110 gr. de pemento verde de Arnoia asado
  • 15 gr. de zume de lima
  • 1 gr. de sal

Para os berberechos:

  • 500 gr. de berberechos do selo pescadeRías
  • 40 gr. de AOVE
  • 15 gr. de perexil
  • 15 gr. de allo

Outros ingredientes:

  • Wakame
  • Raquetiñas (tostas)

Paso a paso

  1. Lavamos os pementos, untamos de aceite e asamos no forno a 180º durante 25 minutos. Deixamos atemperar e pelamos e quitamos as pebidas antes de que perdan toda a temperatura. Deixamos repousar a carne sobre papel para que acaben de perder a auga que lle quede.
  2. Introducimos no vaso do batedor todos os ingredientes do guacamole, trituramos ata conseguir un puré fino, introducimos nunha manga con boca de estrela e reservamos en frío.
  3. Poñemos nunha tixola a lume máximo os berberechos e salpicamos con AOVE, perexil e allo (previamente triturados). Tapamos durante 2-3 minutos e logo quitámoslle a cuncha.
  4. Cortamos en anacos pequenos un pouco de wakame e reservamos.
  5. Montaxe: sobre unha raqueta poñemos 10 gr. de guacamole, enriba un berberecho en conserva e acabamos cun pouco de wakame.