Voandeiras de pescadeRías gratinadas con velouté de queixo San Simón da costa e kinchie

AS NOSAS RECEITAS

Para 4 persoas

Voandeiras de pescadeRías gratinadas con velouté de queixo San Simón da Costa e kinchie

Ingredientes:

  • 500 gr. de fumé branco de voandeira do selo pescadeRías
  • 60 gr. de queixo San Simón da Costa
  • 30 gr. de fariña
  • 30 gr. de manteiga
  • 15 gr. de kinchie
  • 1 gr. de sal
  • 1 quilo de voandeiras do selo pescadeRías en media cuncha
  • Cebolo
  • Loureiro
  • Auga mineral

Paso a paso

  1. Comezar polo fumé branco, botar auga mineral nunha pota e engadir dúas voandeiras, unha folla de loureiro e levar a ebulición. Cando comece de ferver contamos 10 minutos, escumamos e apagamos.
  2. Para a velouté, fundir a manteiga nunha tarteira, engadir a fariña e facer un roux branco. Ir engadindo o fumé quente pouco a pouco e, tamén amodo, sumar o kinchie porque ao estar frío pode cortar a salsa. Ao final só nos queda engadir o queixo raiado o máis fino posible e integrar. Reservar.
  3. Lavar as voandeiras e despegar da cuncha. Volver montalas tras escorrer a auga e tapar coa velouté. Gratinar 5 minutos no forno.
  4. Montaxe: coas voandeiras temperadas, decorar con cebolo picado.