AS NOSAS RECEITAS
Para 4 persoas
Milfollas de brandada de lirio e marmelada de pementos vermellos de Arnoia con wakame
Ingredientes para a brandada:
- 300 gr. de lirio do selo pescadeRías
- 90 gr. de AOVE
- 90 gr. de leite enteira
- 15 gr. de allo
- 1 gr. de sal iodada
- 1 chisco de noz moscada
Ingredientes para a marmelada:
- 250 gr de pemento vermello de Arnoia
- 90 gr. de azucre moreno
- 19 gr. de aceite de oliva
- 19 gr. de vinagre de Módena
- 1 gr. de sal
Milfolla de pataca de Betanzos:
- 175 gr. de pataca limpa
- 100 gr. de AOVE
- Sal
- Pementa negra
Outros ingredientes:
- Wakame
- Pan
Paso a paso
- Limpar e filetear o lirio. Salpementar e reservar. Marcar nunha tixola parisien cun pouco de aceite da brandada todos os filetes polo lado da carne e reservar. Na mesma tixola introducimos ¼ do AOVE, poñémola a lume lento e rustrimos o allo laminado. Despois introducimos pouco a pouco os filetes polo lado da pel. Cunha variña imos rompéndoos e alternamos cantidades pequenas de leite e AOVE para ir emulsionando a brandada sempre a baixa temperatura. A continuación apagamos o lume e salpicamos cun chisco de noz moscada. Deixamos atemperar removendo coa variña cada dez minutos ata que perda o exceso de calor.
- Para a milfollas de pataca, pelamos as patacas e fileteámolas cun grosor de 1 mm. Colocamos nunha bandexa de forno e regamos con AOVE.
- Para a marmelada lavamos os pementos de Arnoia. Introducimos nun cazo o aceite, os pementos, o vinagre de Módena e o azucre e quentamos a lume medio. Cando comece a ferver, imos removendo ata acaramelar todo. Cando baixe un pouco a temperatura, trituramos para conseguir unha marmelada. A maiores, cortamos en rebandas o pan e torrámolas no forno ata que se douren.
- Enriba das patacas, colocamos un cordón de brandada, nos extremos poñemos unhas pingas de marmelada e no centro un pouco de wakame.